DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Frouxa fin de semana no Aguillón para a base do C.D. Rúa

Dos catro partidos disputados só vencían os alevíns, 5-4 ao Chantada

Un de catro. Dos catro partidos disputados esta fin de semana no Aguillón polos equipos da base do C.D. Rúa, unicamente os alevíns conseguían puntuar.

Os primeiros en xogar, na tarde do 17 de marzo eran os maiores, os xuvenís que adestra Carlos, que non eran capaces de entrar no partido, perdendo por 0 goles a 2 ante o Pabellón C.F. na loita polo título de liga. De seguido tocáballe o turno ao equipo infantil de Luis María Ferrer, que tamén se enfrontaba ao Pabellón. Malia ter podido gañar, finalmente os visitantes acababan superando aos rueses por 2 goles a 3.

E xa na mañá do domingo 18 de marzo, tocáballe o turno aos máis pequenos do club. Ás 11h. arrancaba o partido da categoría benxamín “A” entre C.D. Rúa e C.D. Arenteiro, que tampouco sería para os rueses. Os do Carballiño adiantábanse no marcador e malia marcar un gol en propia meta empatando o encontro ao comezo da segunda metade, lograban remontar o resultado rematando co marcador favorable de 1-2.

Houbo que esperar ata o último partido da mañá para que os afeccionados rueses puderan celebrar a vitoria. Sería da man dos alevíns rueses que lograban superar aos da E.D. Chantada por 5 goles a 4.

A domicilio, o equipo benxamín “B” vencía 2-5 ao Xinzo no campo de fútbol limiao.

As doce primeiras imaxes da galería corresponden ao partido dos xuvenís. O resto son dos benxamíns.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button