En portadaÚltima hora

Froxán celebrará a Pisa da Castaña Seca o 10 de decembro

O pregón desta edición, previsto para as 13:15h., correrá a cargo da actriz galega Susana Dans
Demostración de abandoxado tradicional na Pisa da Castaña Seca de Froxán (Folgoso do Courel)./ Foto: Carlos G. Hervella.
Demostración de abandoxado tradicional na Pisa da Castaña Seca de Froxán (Folgoso do Courel)./ Foto: Carlos G. Hervella.

Dende hai xa 18 anos Froxán (Folgoso do Courel) recupera e celebra cada mes de decembro un labor tradicional vencellado a un froito que reina no outono na Galicia interior. É a Pisa da Castaña Seca, unha festa organizada pola Asociación Fonte do Milagro e que congrega a multitude de persoas.

Desta volta a cita será o 10 de decembro cun programa moi similar ao de edicións anteriores. Comezarase co acendido do sequeiro ás 11:30h. Unha hora despois darase paso á demostración de pisa e de abandoxado da castaña seca, un dos momentos máis agardados. En torno á unha e cuarto procederase á lectura do pregón, que correrá a cargo da actriz galega Susana Dans, e despois presentarase os libros “O Apalpador e o Arco da Vella” de Xan G. e o “Libro do Courel” de Sonia García.

A partir poderá saborearse o xantar “do pisador”, cun prezo de 10 euros. O seu menú inclúe castañas, produtos do porco e doces de castañas. Pola tarde retomaranse as demostracións de pisado e abandoxado, abertas xa á participación do público, e haberá foliada. Ao longo de todo o día estará instalada en Froxán unha mostra de artesanía e non faltará a música.

Artigos relacionados

Back to top button