En portadaGalerías de fotos

Froxán prepárase para a XVI Pisa da Castaña

Esta localidade do Courel celebrará o día 7 de decembro esta festa tradicional

A castaña e a tradición compartirán protagonismo en Froxán-O Courel. O 7 de decembro esta localidade celebrará a XVI Festa da Pisa da Castaña que comezará ás 11:30h. co acendido do sequeiro. Unha hora despois farase a demostración do pisado e abandoxado e ás 13h. o actor e director Evaristo Calvo lerá o pregón. Ademais ás 13:15h. presentarase o libro Contos do Mar de Irlanda (Xerais) de Xurxo Souto e Son un paso no tempo do artista courelán Urbano Arza “O Nino”.

Ás 14h. sevirase o xantar do pisador (castañas secas cocidas con produtos de porco e postres de castaña), cun prezo de 10 euros. Ás 15:30h. haberá nova pisa e abandoxado (concurso de pisadores). Ademais no decurso da festa, que será organizada pola Asociación Fonte do Milagro, actuarán os grupos Tundal e No Cómbaro.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button