CulturaCulturaÚltima hora

“Fuga” de Gargallada, o 19 de setembro en Lugo no Circuíto Galego de Teatro Amador

Unha escena de “Fuga”./ Foto: Gargallada Teatro.

 

Entre as catro obras que se porán en escena en Lugo no marco do Circuíto Galego de Teatro Amador 2020 (Federación Galega de Teatro Afeccionado) estará “Fuga” do grupo valdeorrés Gargalla Teatro. A súa función está prevista para o vindeiro 19 de setembro ás 20h. no Local Hipócrita (rúa Doutor Gasalla, 18).

Deste xeito os valdeorreses reencóntranse, despois de moitos meses, co público. E fanno cunha obra que retrata a corrupción en clave de humor e que tivo dende a súa estrea, en setembro de 2015, unha moi boa acollida entre os espectadores, ademais de lograr recoñecementos como o premio á mellor obra no III Certame de Teatro Concello de Lourenzá, onde ademais Manuel Caramés recollía tamén o premio ao mellor actor de reparto en decembro do 2019.

Trátase dunha comedia de Jordi Galcerán que conta a historia dun conselleiro, deseperado e recén dimitido por un caso de corrupción, por culpa dun xornalista. Entón recibe a visita dunha vendedora que lle cambia a vida.

Esta obra, dirixida por Pilar Alonso e M. Caramés, está protagonizada por Lalo Santos, Reyes Lima, Manuel Caramés, Aurora Fernández e Manuel González.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button