CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“Fuga” de Gargallada Teatro enche o auditorio trivés

Un conselleiro desesperado, un xornalista que destapa un escándolo de corrupción do citado político, unha vendedora, o seu pai e ata un matón. Son algúns dos personaxes que cobraban vida sobre o escenario do Auditorio Julio Vázquez de Trives na tarde do 20 de abril coa representación de “Fuga”, do grupo valdeorrés Gargallada Teatro.

Un cento de persoas gozaban desta divertida interpretación dunha hora de duración que arrancaba as risas do público entre o que había adultos pero tamén nenos. A obra, dirixida por Pilar Alonso e M. Caramés, está protagonizada por Lalo Santos, Reyes Lima, Manuel Caramés, Aurora Fernández e Manuel González.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button