ConcellosÚltima hora

“Fuga”, de Gargallada Teatro, no Barco o 13 de xaneiro

A representación, que será en beneficio da AECC de Valdeorras, poderá verse no Teatro Lauro Olmo

Tras colleitar diversos recoñecementos a nivel galego e estatal en certames de teatro amateur, a obra “Fuga” voltará a representarse no Barco. Esta peza, de Gargallada Teatro, poderá verse o vindeiro 13 de xaneiro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo. Desta volta a representación terá asemade un carácter benéfico, posto que será en beneficio da Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras.

Fotos: Gargallada Teatro.

Artigos relacionados

Back to top button