CulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Funcións de monicreques na Semana da Natureza do Barco

Ris Ras Plas puxo en escena a obra “Rubab a árbore” para alumnos de Primaria

Proxeccións de cine, plantación de sementes, visitas medioambientais, concursos e tamén monicreques. A XXI Semana da Natureza que se está a desenvolver no Barco de Valdeorras, inclúe un amplo abano de actividades dirixidas á poboación infantil.

Na mañá do 11 de abril tocáballe o turno á función de monicreques da man da agrupación valdeorresa Ris Ras Plas que poñía en escena a obra “Rubab a árbore” duns 75 minutos de duración. Entre o público, os alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria. Primeiro eran os alumnos do CEIP Condesa de Fenosa e Divina Pastora os que asistían á sesión no Teatro Lauro Olmo do Barco. Despois tocaríalles o turno aos do CEIP Julio Gurriarán e CEIP Ramón Otero Pedrayo.

Os días 12, 13 e 14 de abril, alumnos de 1º da ESO do Barco, visitarán o xardín botánico, outra das actividades da Semana da Natureza que este ano ten as “árbores como lema.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button