CulturaCultura

A Fundación Curros Enríquez dona 300 libros á biblioteca de Celanova e ao Centro de Unión Ourensá da Habana

O centro de Cuba recibirá 50 exemplares e Celanova ricibíu xa 130 publicacións e este mes esperan outros 95

Exemplares doados.

A Fundación Curros Enríquez donou un total de 275 publicacións da súa biblioteca ao Centro de Unión Ourensano da Habana e á Biblioteca Municipal de Celanova. En total, a biblioteca desta fundación contén un 3.200 exemplares. O primeiro envío constou de 130 exemplares que foron destinados á biblioteca de Celanova a cal recibirá este mes de xaneiro 95 exemplares máis. Entre os expemplares donados, hai obras de literatura castelá e fondo non literario, como por exemplo, guías de viaxes, publicacións arqueolóxicas, de arquetectura, historia o libros de filosofía.

En canto ao Centro de Unión da Habana recibirá 50 publicacións ao longo deste ano 2017. Co fin de colaborar co “Obradoiro da Cultura Galega Manuel Curros Enriquez” creado en 2015 pola asociación afincada en Cuba. Por conseguinte, o lote que recibirá este centro será literatura galega como, por exemplo, unha colección completa da Biblioteca da cultura Galega editada por Galaxia.

Como dato histórico, a biblioteca da Fundación Curros Enríquez nacei hai dez anos coa apertura ao público da Casa dos Poetas como un espazo de investigación e consulta sobre Celanova e os seus escritores. A través desta iniciativa pretenden convertela nun lugar especializado no que se atope calquera publicación dos autores da vila, sobre eles ou sobre a vila de Celanova. Periodicamente, esta entidade vaise abastecendo de novas adquisicións e recibindo tamén, en casos especiais, pero non por iso menos frecuentes, doazóns procedentes de particulares.

Estas doazóns fixeron que o segundo andar da casa familiar de Curros Enriquez teña un fondo moi surtido. Pero en moitas ocasións, a repetición de exemplares ou de temática allea á intencionalidade da fundación, fan que tomen a decisión de realizar un expurgo para permtir o aumento de espazo e así albergar o fondo local como prioridade da entidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button