Galerías de fotosSanidade

A Fundación Gavela presenta no Barco o seu proxecto sobre tutela de persoas con enfermidade mental

A Fundación Gavela é unha entidade de ámbito autonómico e carácter asistencial nacida ao amparo da Asociación de Familiares e Enfermos Mentais Morea (A.F.E.M. Morea), que conta cunha traxectoria de máis de 15 anos como prestadora de servizos para a mellora da calidade de vida e a defensa dos dereitos do colectivo.

A creación da Fundación responde á “necesidade de asumir dous grandes retos: crear unha ferramenta actualizada e eficiente para o desenvolvemento e xestión de servizos asistenciais e, por outro lado, desenvolver novos servizos mediante os que dar cobertura a situacións non atendidas na actualidade, fundamentalmente no ámbito laboral e a protección xurídica”.

A función de Gavela é tutelar a personas que padecen enfermidade mental severa na provincia de Ourense e a finais de abril era presentada no Bardo de Valdeorras. Con este coloquio-presentación no edición multiusos, que contou coa presencia de representantes do Concello e da propia fundación, “búscabase dar a coñecer o noso proxecto e informar sobre o procedemento de modificación xurídica da capacidade de obrar”.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button