PolíticaÚltima hora

A Fundación Luís Tilve leva a debate os incendios galegos en Ourense

Os poñentes. // Foto: Carlos Asensio.

A Fundación Luís Tilve organizou, na tarde do martes, 14 de novembro, un foro para debater a problemática dos incendios en Galicia en Ourense.

A mesa estivo presidida por José Antonio Quiroga, voceiro de agricultura do Grupo Parlamentario Socialista, e estaba composta por Jacobo Feijóo, responsable de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias; Elías Blanco, delegado de persoal de FeSP-UXT no Servizo de Prevención e Defensa contra incendios, e Manuel Maret, profesor de Produción Vexetal e Enxeñaría da USC.

Os presentes abordaron a problemática dos incendios en Galicia dende un punto de vista profesional, político e dos expertos. Entre eles, analizaron as posibles solucións que se lle pode dar a este problema que afronta a comunidade cada ano.

A sesión foi un debate no que o público asistente podía intervir. // Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button