OurenseÚltima hora

A Fundación Otero Pedrayo recibe as cartas que o escritor enviaba ao doutor Conde Corbal

A viúva do doutor Manuel Conde Corbal, íntimo amigo do escritor, cedeunas á Fundación

A Fundación Otero Pedrayo vén de recibir unha serie de epístolas que o escritor enviaba ao doutor Manuel Conde Corbal, grande amigo do escritor. Foi a viúva deste, Elisa Tejada, a que cedeu esta serie de cartas á fundación. Este acto de cesión levouse a cabo onte, 9 de outubro, en el Café “El Cercano” de Ourense.

Elisa Tejada contou que os contidos destas epístolas son verbas que se escribían entre os amigos “aínda que nalgunhas tamén lle solicitaba consello médico”, apuntou.

Pola súa banda, o representante da Fundación Otero Pedrayo, Juan Luís Saco Cid, asegurou que esta cesión “é unha satisfacción enorme xa que a fundación quere xuntar todo o que queda deste autor que está sen editar, e unha parte moi importante é a súa correspondencia”.

Estes textos, segundo dixo Juan Luís Saco, van ser catalogados e inventariados “para que os estudosos de Ramón Otero Pedrayo poidan consultalos” polo que estarán á súa disposición na propia Fundación para a consulta.

Artigos relacionados

Back to top button