DeportesÚltima hora

A Fundación Real Madrid organiza unha carreira solidaria en Ourense

A proba terá lugar o vindeiro 2 de outubro e percorrerá 10 km polas ribeiras do río Miño
Ourense acolle unha carreira solidaria da Fundación Real Madrid.
Ourense acolle unha carreira solidaria da Fundación Real Madrid.

As rúas de Ourense acollen o vindeiro 2 de outubro a primeira edición da Carreira Solidaria Fundación Real Madrid, a primeira dunha serie de catro probas que se reparten por toda España e cuxo beneficio irá destinado aos programas de atención á diversidade da entidade. A proba está organizada pola propia Fundación Real Madrid Running en colaboración co Concello de Ourense e a Deputación Provincial.

Serán 10 kilómetros polas ribeiras do río Miño e contará con varias categorías en función dos rangos de idade. Os prezos dos dorsais oscilarán entre os 10 euros até os 25, se os participantes queren un dorsal premium, que suma no kit unha gorra do circuito, calcetíns e camiseta técnica Adidas. Na categoría infantil -menores de 16 anos- a adquisición do dorsal terá un custe de cinco euros e incluirá camiseta da carreira, seguro, avituallamento, pulseira e bolsa de corredor.

Os que desexen participar deben inscribirse na web www.runningfundacionrealmadrid.es. Teñen de prazo até o 29 de setembro. A recollida de dorsais será o 1 de outubro en horario de 10 a 20 horas no pavillón dos Remedios.

Artigos relacionados

Back to top button