EconomíaEconomía

A Fundación Valdegodos recibe o premio “Líder en Calidade” en Expourense

Esta entidade valdeorresa recibíu o premio canda outras tres entidades ourensás nunha gala de premios que se celebrou en Expourense

Expourense acolleu hoxe, 9 de novembro, a entrega dos premios “Líderes en Calidade de Galicia”, enmarcado dentro do Día Mundial da Calidade 2017 que este ano se conmemora baixo o lema “Liderar en tempos de cambio”. Os galardóns son dedicados a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destacou o seu compromiso de Calidade e co Medio Ambiente.

En total, foron tres as entidades ourensás galardoadas con este premio, unha delas valdeorresa, en concreto a Fundación Valdegodos, dentro da categoría do Sector Socio-Sanitario. A seguinte entidade ourensá galardoada foi o Grupo Academia Postal, dentro do Sector Educación, “pola súa profesionalidade e polos seus resultados positivos”, reza a acta do xurado.

Finalmente, a terceira entidade da provincia galardoada foi a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) que recibiu o Preio á Traxectoria. Concretamente o xurado recoñeceu os seus 40 anos de actividade “como entidade que anima aos seus asociados a implantar nas empresas modelos de xestión de calidade e medio ambiente”.

En canto ás outras entidades galardoadas, na categoría “Líder de Calidade” no sector de Alimentación o premio foi para a empresa lucense Pescados Rubén S.L., con sede en Foz. Na categoría de Internacionalización, o premio foi para Anfaco Cecopesca, de Pontevedra e, finalmente, na categoría de Medioambiente e Internacionalización, o premio foi para Televés S.A., con sede en Santiago de Compostela.

Os premios foron entregados por membros do Padroado de Expourense como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra e o presidente da CEO; José Manuel Pérez Canal. Tamén participou nesta entrega a directora de Grupo S4 en Ourense, Pilar Sarabia.

Artigos relacionados

Back to top button