OurenseÚltima hora

Funeral en memoria das vítimas do Covid-19 na catedral ourensá

O Bispo de Ourense durante unha celebración relixiosa anterior na catedral./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A partir das 11:30h. deste sábado 20 de xuño o bispo de Ourense, monseñor Lemos Montanet, oficiaba na Catedral de San Martiño un funeral por todas as persoas que perderon a vida polo COVID-19 nestes meses de confinamento.

Na súa homilía tiña unha lembranza especial para os sacerdotes, persoas de vida consagrada, familiares de persoal da curia diocesana e para todos os fieles falecidos en diversas circunstancias.

“Esta comunidade diocesana viviu a morte de tres sacerdotes, dous deles ocuparon postos de responsabilidade na nosa Igrexa particular, os tres faleceron fóra de Galicia e un, que estaba destinado nunha parroquia de Madrid, morreu a causa do Covid-19. Tamén encomendamos a un grupo de mulleres que vivían a súa existencia entregadas ó servizo dos demais a través da profesión relixiosa”, lembraba o bispo ourensán, que facía o longo da súa intervención unha chamada á esperanza fronte a esta situación de pandemia.

 

Artigos relacionados

Back to top button