CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Fusión de moda e pintura erótica no escaparate de Miranda X, no Barco

O artista valdeorrés Chere exporá ata primeiros de decembro quince das súas obras plásticas sobre erotismo neste establecemento comercial

Non é unha novidade que o escaparate da tenda valdeorresa Miranda M, no centro do Barco, se convirta en espazo expositivo de arte da comarca. Dende hai xa anos desenvolve o proxecto “Mirarte”, un proxecto que aposta pola difusión da arte valdeorresa en calquera disciplina: pintura, escultura, fotografía, música, poesía… Pero o que si resulta unha novidade é o feito de que, por primeira vez, acolla a obra pictórica de Gerardo Rodríguez Ramos “Chere”.

Ata primeiros de decembro nos escaparates de Miranda X pode verse unha escolma de cadros de pintura erótica deste creador barquense. Unha fusión de moda e erotismo que se presenta co título “Erotismo e mosaicos para os sentidos”. Son quince cadros de diversos formatos e técnicas que plasman a mirada erótica deste polifacético artista valdeorrés.

Esta é a segunda exposición do proxecto “Mirarte” neste ano 2018. O anterior foi unha mostra fotográfica.

Fotos: A.R.

Cartel da exposición no escaparate de Miranda X./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button
Close