DeportesGalerías de fotosOurenseSen categorizar

Fuster gaña o 47º Rallye de Ourense-Ourense Termal

Vallejo remata segundo e o ourensán Rantur quinto, ámbolos dous ao volante dun Porsche

Un ano máis e xa van 47, a segunda fin de semana do mes de xuño, a cidade de Ourense convertíase no foco nacional para os amantes do motor. Os días 13 e 14 foron de festa para os afeccionados ao automobilismo, pudendo ver moi de cerca aos mellores pilotos de rallyes de España.

Xa na tarde do venres 13 de xuño, centos de persoas asistían ao primeiro tramo da proba, o de espectáculo, na cidade do transporte de San Cibrao, que vencía o piloto cántabro Surhayen Pernía ao volante do Mitsubishi Lancer Evo X.
Con todo o forte do rallye tiña lugar ao longo de todo o sábado 15 de xuño dende as nove da mañá en que comezaba o primeiro tramo dos Peares con centos de afeccionados ateigando as cunetas, ata as dez menos cuarto da noite na praza Maior de Ourense.
O Rallye de Ourense-Ourense Termal sempre é unha proba complicada na que o calor e a dureza do trazado poñen a proba a tódolos participantes. Nesta edición, tamén foi fiel a estas premisas e os abandonos foron coma sempre numerosos, pero os favoritos non defraudaron.

O alicantino Miguel Fuster, a bordo do Ford Fiesta R5 foi o vencedor do 47º rallye ourensán ao dominar a proba dende o primeiro tramo do sábado e aproveitar os erros do seu principal rival e favorito da cita, Sergio Vallejo. Con esta, Fuster lograba a primera vitoria do Fiesta R5 no nacional e a sexta da cita ourensana.

Finalmente e malia tentar por tódolos medios acurtar distancias co líder, os irmáns Sergio e Diego Vallejo remataban na segunda praza, converténdose nos novos líderes da clasificación xeral. No terceiro escalón do podio, finalizou o lucense Pedro Burgo. Cuarto, terminou o veterano piloto oficial de Suzuki Joan Vinyes.

O ourensán Jorge González Rantur, terminou o rallye na quinta posición ao volante do Porsche 911 GT3, co que practicamente se estreaba en Ourense.

Concluído o Rallye de Ourense-Ourense Termal, que contou cunha alta participación de pilotos locais, a seguinte proba puntuable para o Campioanto de España de rallyes de asfalto, será o Rallye do Bierzo o 26 e 27 de xullo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button