DeportesFútbolÚltima hora

Fútbol, ocio e moito máis no III Campus Deportivo de Vilamartín 2022

Publicidade
Participantes na edición do ano pasado do campus./ Foto cedida.

 

Un ano máis e xa van tres, O Bañadoiro acolléra o Campus de Fútbol, Ocio e Deporte Vilamartín, especialmente pensado para nenos de entre 5 e 17 anos, que se celebrará do 11 ao 16 de xullo.

A base do campus será o fútbol con adestramento personalizado para mellorar a técnica individual, pero ao longo da semana, en horario de 9:45 a 13:15 e de 16:45 a 18:45 horas, tamén haberá tempo para unha manchea de actividades. Bádminton, ping pong, pádel, tenis, baloncesto, xogos populares, sesións de piscina, escape room, rutas en kayak,… forman parte do programa, incluíndo como novidades un túnel do terror e carreiras de obstáculos.

Os asistentes ao campamento serán distribuídos por grupos de idade e nivel: iniciación (biberón) benxamín-alevín grupo infantil-cadete 1, xuvenil-cadete; podendo elixir entre dúas opcións: interno (xantar e mediodía + velada nocturna; ou externo (só campus, sen mediodía nin velada nocturna.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button