OurenseÚltima hora

Gabriel Alén: “A gastronomía é un elemento intrínseco á cultura galega”

Na presentación de Xantar en Fitur, o delegado da Xunta en Ourense referiuse ao salón gastronómico como "unha fiestra aberta ao mundo na que durante cinco días poñemos nosa hospitalidade xacobea ao servizo dos participantes e convidados"

O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, na súa intervención en Fitur.

 

“Identidade e gastronomía van da man; unha é expresión da outra e ambas se reforzan mutuamente. A gastronomía é un elemento intrínseco á nosa cultura, ás nosas celebracións e ao noso modo de ser; unha calidade que é sinónimo de hospitalidade, tolerancia e solidariedade”. Con estas palabras principiou a súa intervención, Gabriel Alén, delegado territorial da Xunta en Ourense na presentación esta mañá en Fitur da feira gastronómica de Xantar que se desenvolverá en Ourense do 3 ao 7 de novembro.

Segundo o delegado territorial “Xantar é unha fiestra aberta ao mundo na que durante cinco días poñemos nosa hospitalidade xacobea ao servizo dos participantes e convidados. Así, convértese nunha das principais citas para potenciar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel e, por extensión, como emprazamento turístico”.

 

Un momento da presentación de Xantar en Fitur, en Madrid.

 

Gabriel Alén sinalou que conscientes do noso potencial, desde a Xunta de Galicia estamos traballando en fortalecer este campo ao que consideramos un alicerce importante na nosa economía pola súa capacidade para atraer poboación e polo o seu efecto desestacionalizador. E subliñou que “esforzámonos, polo tanto, para mellorar a cadea de valor da gastronomía galega, e nesta vixésimo segunda edición, estou seguro de que Xantar volverase erixir como unha cita fundamental para conseguir ese obxectivo. Aquí verase reflectido o traballo estratéxico, conxunto e esixente deste sector”.

A comida é unha parte importante da cultura; segundo o delegado territorial, “implica unión co pasado, forma parte da identidade e reflicte a vida das persoas. Mulleres e homes que saben que os mellores alimentos son os que resultan da meticulosidade do seu coidado, o esmero do seu custodia, a bondade da terra e do auga que lles dan sustento, a paciencia na espera e a graza dos elementos”.

Autoridades políticas galegas en Fitur, en Madrid.

 

Por iso, presumiu Gabriel Alén de que “podemos facer ostentación dunha ampla despensa e cumprir coa nosa tradición de ofrecer os mellores manxares a aqueles que visitan a nosa casa”. “Nesta terra cómese de verdade –continuou- e o noso ADN indícanos que ofrecer peixes, mariscos, carnes, as mellores hortalizas, viño, aceite e vinagre aos nosos invitados e turistas é sinal de propoñer e entregar o mellor de nós mesmos”.

O delegado territorial rematou convidando a todos, “Así é Galicia, así é Ourense e así é a nosa gastronomía; e hoxe, nese contexto de mantel e mesa en Xantar agardo a súa presenza”.

Termatalia

Na xornada deste xoves 20 de maio en Fitur, tamén se presentaban as accións profesionais que se organizarán ao redor da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia, que este ano non se celebrará como tal. Estas accións, previstas para o 16 e 17 de setembro de 2021, teñen o obxectivo de reunir á comunidade termal internacional ao redor da marca Termatalia e seguir sendo posicionando a Ourense e a Galicia como un centro de capacitación profesional internacional en materia de termalismo.

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, durante a súa intervención.

Artigos relacionados

Back to top button