En portadaÚltima hora

Gabriel Alén Castro, novo delegado da Xunta en Ourense

Tamén hai cambios noutras delegacións galegas, como é o caso da de Lugo, á fronte da cal pasa a estar Javier Arias

Gabriel Alén, novo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cambio á fronte da delegación territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Gabriel Alén Castro, ex alcalde de Cenlle, será o novo delegado do goberno galego na provincia. Deste xeito substitúe no cargo a Marisol Díaz Mouteira, que ocupou este posto dende o ano 2015. O seu nomeamento dábase a coñecer esta mañá, tras a súa aprobación no Consello da Xunta deste xoves.

Nacido en Ourense no ano 1977, Alén, elixido deputado galego nesta nova lexislatura pola provincia de Ourense, foi alcalde do concello de Cenlle do ano 2011 ata este ano. Anteriormente nese mesmo concello foi edil de Cultura e Deportes. Actualmente é coordinador do grupo popular na Deputación de Ourense. É mestre en Educación Física. Funcionario da Xunta dende o ano 2004.

Javier Arias, novo delegado da Xunta na provincia de Lugo

Novidades tamén á fronte da delegación do goberno galego na veciña provincia de Lugo, á fronte da cal estaba dende 2016 José Manuel Balseiro. Este posto será ocupado a partir de agora por Javier Arias.

 

Javier Arias, novo delegado da Xunta en Lugo./ Foto cedida.

Nacido no ano 1977, Arias é licenciado en Dereito pola Universidade San Pablo-CEU. Conta con Master en Urbanismo e Ordenación do Territorio. Master en Dereito Ambiental Diploma de Estudos Avanzados en Doctorado en Dereito Administrativo. Ademais é técnico urbanista e funcionario da Deputación de Lugo. Dende o ano 2017 era o xefe territorial da consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta en Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button