Ourense

Gadis reabre o supermercado da Avenida de Zamora tras unha completa reforma

A empresa conta con 18 puntos de venda na provincia de Ourense

Despois dunha completa reforma, Gadis vén de reabrir as portas do supermercado ubicado na Avenida de Zamora en Ourense, dando así continuidade ao seu plan de aperturas, modernización e ampliación de puntos de venda.

O renovado establecemento suma máis de 1.200 metros cadrados de superficie total e conta cun plantel de 24 traballadores (3 empregos de nova creación). Ademais, seguindo a liña das últimas inauguracións, caracterízase pola “modernidade e funcionalidade das súas instalacións, en horario ininterrumpido de 9 a 21:30h.”, explican dende a compañía.

GADISA, fiel á súa filosofía de “ofrecer unha coidada selección de produtos da mellor calidade”, ofrece neste supermercado máis de 10.000 artigos de marcas recoñecidas e marca propia IFA a prezos moi competitivos. Con motivo da reapertura, pon máis de 400 artigos en oferta e ademais, para premiar a fidelidade dos clientes, “todos aqueles que do 7 ao 20 de xuño realicen compras superiores a 10 euros, poderán participar no sorteo diario de dous xamóns, así como no sorteo final dun Iphone X, e dun televisor Toshiba”.

Artigos relacionados

Back to top button