EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Gadis reforza o servizo na comarca de Valdeorras

No novo supermercado  aberto na praza do Príncipe, no Barco, sortearanse dous xamóns diarios ata o día 15

Coa apertura dun novo supermercado na céntrica praza do Príncipe Nº 3, do Barco, Gadis reforza o servizo na comarca de Valdeorras.

O establecemento mantén a liña estética da compañía, con máis de 700 metros cadrados de instalacións que “destacan pola modernidade e a funcionalidade, para proporcionar maior comodidade aos clientes, así como axilizar os tempos de compra”, explican dende a empresa.

Con respecto ao seu contido, o novo punto de venda ofrece 7.000 artículos de marcas recoñecidas a “prezos moi competitivos e produtos de marca propia, para facilitar o aforro e ofrecer máis opcións de elección”. O horario de apertura será ininterrumpido de 9 a 21:30h.

Tal como explican dende a compañía, apostaron polas seccións de fresco e os clientes recibirán unha atención “totalmente personalizada por parte dun equipo de 19 profesionais especializados” en diferentes áreas: pescadería, carnicería, charcutería, froitería, etc. No caso do pescado e o marisco, “o establecemento recibirá diariamente produtos seleccionados na mesma xornada, procedentes das diferentes lonxas de Galicia”, engaden dende Gadisa.

Con motivo da inauguración, que tiña lugar o xoves 9 de febreiro, os clientes que ata o 15 de febreiro realicen compras superiores a 10 euros, poderán participar no sorteo diario de dous xamóns. “Para premiar a fidelidade dos clientes, tamén terá lugar un gran sorteo final con dous agasallos: un televisor de 49 pulgadas e un iPhone 7”.

Artigos relacionados

Back to top button