CulturaCulturaÚltima hora

A gala central do Festila Internacional Rebulir reúne sete agrupacións de danza e música de raíz

Leilía, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán recolleron os premios Rebulir 2016

Máis de mil persoas amantes do folclore acudiron á gala central do Festival Internacional Rebulir, no polideportivo de O Picouto, no Concello de Ramirás, berce do certame que, un ano máis, avogou pola música de raíz. O FIR está organizado pola Asociación Cultural Rebulir, o Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense, co apoio da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Cultura e a Secretaría Xeral de Emigración.

Dende as 19,00 horas, o recinto converteuse nun centro de música, danza, cultura, costumes, recoñecementos e sorpresas . Entre a bancada dos bancada dos invitados estivo a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez; o vicepresidente da Deputación , Rosendo Fernández; o xefe territorial de Política Social, José Selas; e o alcalde de Ramirás, Carlos Rodríguez; ademáis de deputados do Parlamento Galego e das Cortes Xerais, alcaldes de concellos da comarca e outras autoridades e persoeiros.

O actor ourensán Diego Freire foi o encargado de conducir este evento, que encomezou coa chamada ao escenario dunha representación dos sete grupos participantes: o colectivo local, Rebulir; e as agrupacións A.F.M. Villa y Condau de Noreña (Asturias), G.F. Casa do Povo de Cacia (Portugal), Coros y Danzas El Miajón (Extremadura), G.F. Mar de Arousa (Vilagarcía de Arousa), Lous Crabots de Semisens (Francia) e Batuko Tabanka (Cabo Verde). Logo de amosarse orgullosos coas súas bandeiras e traxes máis tradicionais, recibiron un agasallo pola súa participación no certame.

Antes das súas actuacións, foi tempo de recoñecer a Leilía e a Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán cos Premios Rebulir 2016, “por traballar en prol da cultura galega e ter esa capacidade de facer humor na nosa lingua, respectivamente”, explicou o director artístico do Festival, Alexandre Sotelino. Os galardoados amosáronse “produndamente agradecidos” e, como mostra delo, quixeron agradecer o recoñecemento con pequenas, pero moi emocionantes, intervencións: as primeiras amosando as súas fermosas voces e dotes para a música e os segundos dando ese toque de humor que os caracteriza. Asemade, a Banda Municipal de Música de Ramirás recolleu na presente edición do Festival o Premio Homenaxe “dada a nosa amizade, o traballo conxunto e a súa traxectoria”, explicou Sotelino.

Tampouco quedou sen o seu agasallo o músico Héctor Braga, o músico asturiano co arquivo máis grande de música tradicional da súa terra. Precisamente, foi el o encargado de dar o pistoletazo de salida desta undécima edición o pasado xoves, cun concerto que marabillou aos vecinos de Ramirás. Feito que se repetiu esta mesma tarde, coa súa actuación conxunta co grupo representante da provincia veciña.

Logo dos recoñecementos, chegou o tempo de converter o polideportivo nun magnífico escaparate de música e tradición, da man das agrupacións convidadas. Unha hora e media chea de ritmo, cor e tradición que fixeron deste acto o prato principal do menú do Festival. A sobremesa chegou finalizada a gala, cunha Jam Session intercultural en Celanova, que serviu para despedir esta undécima edición do Festival Internacional Rebulir.

Artigos relacionados

Back to top button