EconomíaEconomíaÚltima hora

Gala da Xoiaría de Galicia 2014 – San Eloi, en Allariz

Na cerimonia, que se celebrará o 29 de novembro, daranse a coñecer os gañadores do III Concurso de Deseño de Xoias
Un dos deseños finalistas.
Un dos deseños finalistas.

O Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia vén de dar a coñecer as propostas finalistas do III Concurso de Deseño de Xoias San Eloi. Trátase de dez deseños de xoias realizados por persoas maiores de 18 anos, seis da provincia da Coruña, un de Ourense e tres do resto de España (Palencia, Valencia e Madrid).

Con este concurso o Colexio Oficial de Xoiaría quere poñer en valor o oficio e a produción do sector xoieiro galego. Alfonso Pérez de Alfonso Joyeros, membro do xurado,. destaca a oportunidade que ofrece para “amosar as inquedanzas artísticas achegándoas ao mundo da xoiaría. Achega de primeira man os participantes aos fabricantes galegos colexiados que poden descubrir algún talento ata agora descoñecido”. Pérez engade que entre as propostas a concurso nesta edición “destacaría o concepto dende o cal se basea e nace a creación de cada finalista, é dicir, a peza presentada ten un significado e unha razón de ser. Hai deseños que se poderían executar perfectamente, incluso para o uso cotiá, non só para ocasións especiais”.

Outro dos deseños finalistas.
Outro dos deseños finalistas.

Os dez finalistas foron seleccionados polo xurado pola súa “innovación de deseño, a posibilidade de realización e a portabilidade da xoia, así como a súa relación coa temática escollida nesta edición: o mar”. Entre eles repartiranse os premios en metálico: 1.000 euros para a proposta gañadora, 500 para a segunda proposta e 200 para a terceira, que se darán a coñecer na Gala da Xoiaría de Galicia 2014 – San Eloi que terá lugar o sábado 29 de novembro no concello ourensán de Allariz.

Artigos relacionados

Back to top button