CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima horaVídeos

Gala de Nadal online no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

 

A situación sanitaria provocada polo Covid-19 impediu que o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa, despedise o primeiro trimestre do curso coa tradicional Gala de Nadal, polo menos fisicamente.

“Aínda que temos sitio no Salón de Actos para que poideran asistir os alumnos gardando a distancia de seguridade como fixemos en Santa Icía, nesta ocasión preferimos grabar o festival e compartilo a través da páxina de Facebook para que poida velo todo o mundo e cando queira”, explicaba uns días antes o director do centro José Manuel Carrasco.

Así, na tarde deste luns 21 de decembro, procedíse a subir á plataforma de Youtube a Gala de Nadal 2020, realizada polo Departamento de Música de Educación Primaria do colexio coa participación dos alumnos. Os de Educación Infantil interpretando unha panxoliña popular; os de 1º de Primaria unha panxoliña Tiktok; o de 2º de Primaria Obladí, Obladá (panxoliña adaptada ao galego); os de 3º de Primaria outra panxoliña popular; e os de 4º de Primaria unha Performance do Nadal. Os de 5º presentaron a Gala e os de 6º encargáronse dos anuncios publicitarios.

Pare ver o enlace, premer no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?fbclid=IwAR3SOzul3ALCCzA7KfUiedTtMrfN8h6HldswAXKw4QeusZOl5XJVcyDKDlQ&v=0ZPGbGGqFOs&feature=youtu.be

Artigos relacionados

Back to top button