SanidadeÚltima hora

Gala de humor solidaria, o 2 de abril no Centro Cultural Avenida da Rúa

A función forma parte da campaña contra o cancro infantil a favor da Asociación Alba Pérez
O alcalde da Rúa na presentación da Gala de Humor. / Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde da Rúa na presentación da Gala do Humor. / Foto: Carlos G. Hervella.

O humor, será o protagonista da gala de carácter solidario que se celebrará o vindeiro xoves 2 de abril ás 19h. no Centro Cultural Avenida da Rúa.

O espectáculo, incluído na campaña “Sonrisas&Vidas” contra o cancro infantil a favor da Asociación Alba Pérez, era presentado na mañá do 12 de marzo no Concello da Rúa e conta cun cartel de cómicos formado por J.J. Vaquero (El Hormiguero, Paramount Comedy…), Isabel Risco (Premio Mestre Mateo), Andrés Campelo e Paquito Caballero (premios nacionais de monólogos) e Nairim “El Aprendiz de Mago”.

A entrada da Gala de Humor custará 11 euros con consumición incluída (lata de refresco, cervexa ou agua) dez dos cuales irán destinados á asociación.

As entradas poderán mercarse a partires do lus 16 de marzo no Concello da Rúa, Ton y Son no Barco de Valdeorras, DixitalFoto A Rúa-Quiroga, e Santo Domingo Café Bar (Flores del Sil, Ponferrada).

A partires do luns, empezarase tamén con outro tipo de iniciativas para recadar fondos, como a colocación de huchas en establecementos colaboradores, venda de pulseiras alberas ou subasta de produtos.

Artigos relacionados

Back to top button