En portadaÚltima hora

Gala Máxica en Verín e entrega de premios de AEVER

No seu decurso entregábanse os premios da promoción “Este Nadal merca en Verín”, entre os que figuraban 1.000 euros
Un dos momentos da Gala Máxica de Nadal de Verín./ Foto: Concello de Verín.

O pavillón municipal verinés acollía na tardiña do 3 de decembro a “Gala Máxica de Nadal” da Asociación de Comerciantes de Verín (Aever). No seu decurso o presidente desta entidade, Santos Álvarez, e o xerente do colectivo, José Ángel Rodicio; xunto co alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e da responsable Cámara de Comercio nesta localidade, Susana Boo, entregaban o premio de 1.000 euros correspondente á promoción “Este Nadal merca en Verín” a Miguel Vega Vega. No evento tamén se entregaron os correspondentes cheques regalo aos gañadores do Concurso de Escaparates de Verín 2016.

O premio da promoción “Este Nadal Merca en Verín” decidíase mediante un sorteo presencial no Pavillón Municipal. No sorteo participaron todas aquelas persoas que compraron ou consumiron nos establecementos asociados a Aever, do 4 de decembro ao 3 de xaneiro, por un importe superior a 10 euros.

O gañador poderá gozar do seu premio, a partir do 3 de xaneiro, realizando compras por un importe de 1000 euros en, polo menos, cinco establecementos de asociados a Aever, non podendo gastar máis de 200 euros en cada un deles.

Entrega do premio de 1.000 euros en compras ao ganador da promoción “Este Nadal merca en Verín”./ Foto: Concello de Verín.

Por outra banda, ao finalizar a gala tamén facía entrega (por parte do alcalde de Verín e da responsable da Cámara de Comercio nesta zona) dos correspondentes cheques regalo aos gañadores do concurso de escaparates de Verín 2016. Esta iniciativa, organizada pola Cámara de Comercio de Ourense coa colaboración do Concello de Verín, outorgaba tres premios de 150, 100 e 50 euros aos seguintes establecementos:

• Primeiro posto Aquaerea (premio con 150 €)
• Segundo posto: Ángela Moda (premio con 100 €)
• Terceiro posto: Chiqui Moda Infantil (premio con 50 €)

Ao concurso presentábanse 40 establecementos comerciais localizados no concello de Verín. O tema a desenvolver foi o Nadal, deixando total liberdade no tocante a técnica e estilo, valorando estes tres criterios: creatividade e orixinalidade; combinación de elementos e cores; iluminación e composición.

Ademais na Gala Máxica de Nadal (organizada por Aever, coa colaboración do Concello de Verín) participaban numerosos nenos que desfrutaban dunha divertida xornada de actuacións de maxia da man dos artistas Mago Xacobe e Magomimo Anyo.

Artigos relacionados

Back to top button