SanidadeÚltima hora

Gala solidaria pola ELA, este venres no Barco de Valdeorras

O evento celebrarase a partires das sete da tarde na Sala Baranda e incluirá música, maxia e humor
Cartel da gala contra a ELA.

Este venres 9 de xuño, a Sala Baranda do Barco de Valdeorras acollerá a 1ª Gala Solidaria pola ELA co fin de recadar fondos para a Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica.

O evento comezará a a partires das sete da tarde e contará con diversas actividades: animación para os máis pequenos, maxia para todos os públicos a cargo do Mago Carlos, actuación musical dun Trío de Corda…  E tras un pequeno descanso (de 21:30 a 23h. no que se ofrecerán pinchos aos asistentes e se realizarán diferentes sorteos, chegarán dúas actuacións para o público adulto: un monólogo de Padre Merino e a actuación do grupo musical Torfy & Sdrap.

O prezo das entradas é de 5 euros para nenos ata 14 anos, e de 8 euros para adultos. Para donacións a organización facilita o nº de conta: ES15 2100 5981 050200039089.

Artigos relacionados

Back to top button