Galerías de fotosÚltima hora

Galaicos e romanos, nas Covas do Medo (Margaride)

As proximidades da antiga explotación aurífera das Covas do Medo converténse cada mes de agosto en escenario de boa parte dos actos da Festa do Ouro de Margaride de Lor (Quiroga). Nesta ocasión a celebración desenvolvíase na xornada do 17 de agosto cunha notable participación de veciños e visitantes caracterizados como romanos e como castrexos.

Así, tras o xantar na mesma zona da explotación, no interior dunha das covas impartíase unha conferencia sobre toponimia da man de Manuel Cao, mestre xubilado de San Clodio. Había ademais actividades infantís, soaba a música dun Dj, seguida dunha cea popular. Coa chegada da noite comezaban unha serie de rituais da man dun druídae de rituais e logo a queimada. A noite remataba con música.

Esta festa do ouro ten sido organizada pola Asociación de Veciños de Margaride coa colaboración da Asociación Veciñal de Salcedo.

Fotos: Felipe Castro.

Artigos relacionados

Back to top button