DeportesPiraguismoÚltima hora

Galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo, este sábado en Cenlle

Neste campionato participarán participarán 30 clubs galegos nas categorías senior, júnior e veterano

 

Cenlle acollerá mañá, sábado 26 de marzo, o campionato galego de inverno de piragüismo de barcos de equipo (K2 e C2). A competición, que se celebrará nas augas do Miño á altura de Barbantes. Nela están inscritos 400 deportistas pertencentes a trinta clubes galegos diferentes de categoría senior, junior e veterano.

Na presentación da proba estiveron o vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o alcalde de Cenlle, José Manuel Rodríguez; o presidente da Federación Galega de Piragüismo (FGP), Alfredo Bea; o xefe de servizo de Deporte da Xunta en Ourense, Manuel Pérez e o presidente do Club Piragüismo Ourense, José Luis Fernández.

O campionato de mañá comezará ás 10,30 horas coa saída das canoas masculinas junior e rematará sobre ás 14,00 horas coa disputa da manga dos kayac senior masculino. Os participantes percorrerán 5 quilómetros nun circuíto de tres voltas no contexto do paseo termal de Barbantes-Cenlle.

Este escenario estréase nun evento deste tipo na intención da Deputación de Ourense e da Federación Galega de Piragüismo de “ampliar os escenarios e láminas de auga que se poden usar para celebrar competicións na provincia, acción alineada coa firme aposta da institución provincial por impulsar os deportes náuticos en Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button