SanidadeÚltima hora

Galicia adiantará unha semana a segunda dose da vacina AstraZeneca a maiores de 60 anos

O conselleiro de Sanidade tamén adianta que a vacinación de menores de 12 a 17 anos "podería coincidir co inicio do curso"

O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña na rolda de prensa desta mañá.

 

A Xunta manterá só tres concellos no nivel medio de restricións, Soutomaior, Camariñas e Malpica de Bergantiños, o que implica que “só o 0,33% da poboación galega ten restricións”. É unha das últimas decisións adoptadas polo comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia, e da que vén dar conta o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen tamén indicou que o documento sobre a nova normativa contra o Covid en Galicia será explicada a próxima semana por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Sobre a relaxación do uso das máscarillas o conselleiro explicou que están a analizar en que situacións de exteriores se podería retirar, aínda que esta medida depende tamén da decisión que se poida tomar no Consello Interterritorial. “Queremos ter claras as situacións específicas”, indicou sobre este alivio, asegurando tamén que “será máis pronto que tarde”.

No que atinxe á campaña de vacinación, Comesaña indicou que xa se administraron 2.287.608 doses das vacinas e que hai 950.000 galegos que xa teñen a pauta completa, adiantando que “os maiores de 60 anos que xa teñen a primeira dose de AstraZeneca, vacinaransse á semana 11 e non na 12 como estaba a ser ata o momento, o que supón adiantar sete días o tempo para completarlles a pauta”. Con respecto aos menores de 39 años, indicou que a Consellería expón un proceso mixto, o de mandar unha mensaxe aos convocados e a de citación para aquelas persoas que teñen que viaxar ou teñen algunha outra cuestión. “Seguir forzando as citas por orde etaría ben e que se poida pedir da maneira que mellor conven”, indicou. Prevese que en xullo se abra a opción de pedir cita para vacinarse.

Sobre a vacinación dos mozos de 12 a 17 anos, explicou que se “todo segue igual” podería ser ao “inicio do curso”, puntualizando que un grupo deste rango podería vacinaranse antes se teñen algunha patoloxía.

García Comesaña asegurou que insisitirán para que “o 100% de galegos estén vacinados”, recalcando a importancia de vacinarse fronte ao Covid. Tamén Indicou que se espera que xullo se inicie a vacinación entre os menores de 40 anos. A ese respecto, quixo facer un chamamento especial á xente máis nova en canto a manter a prudencia e seguir cumprindo as normas vixente e sobre todo “que acudan a vacinarse cando sexan citados porque estamos empezando a notar un incremento no número de xente que non acode e os xoves non son alleos ao Covid, tamén se contaxian”.

 

Artigos relacionados

Back to top button