SanidadeÚltima hora

Galicia defende na Comisión de Saúde Pública a pauta completa coa vacina de AstraZeneca ás 12 semanas

 

Galicia volveu defender hoxe, na Comisión de Saúde Pública, organismo no que están representadas todas as comunidades autónomas, a pauta completa coa vacina de AstraZeneca ás 12 semanas. “Ao respecto, o Ministerio de Sanidad decidíu demorar a decisión ata que se cumpran 16 semanas dende a administración da primeira dose. Galicia votou en contra baseándose na evidencia científica, na ficha técnica da vacina e no posicionamento da Axencia Europea do Medicamento, pero a Comisión adoptou por maioría outro criterio”, tal e como se informa dende a Consellería de Sanidade.

A Xunta de Galicia decidiu vacinar a vindeira semana ao grupo de 65-69 coas vacinas dispoñibles.

Ademais a Xunta de Galicia tiña previsto vacinar tamén a semana que ven aos grupos esenciais, “pero o Ministerio de Sanidad opta na estratexia por terminar primeiro cos grupos etarios”, segundo indca a Administración galega.

En Galicia, ao redor de 60.000 persoas, menores de 55 anos, están pendentes da administración da segunda dose de AstraZeneca.

A Consellería de Sanidade tamén sinala que ao longo do día de mañá, a Xunta de Galicia ten previsto poñer un total de 36.888 vacinas, das que 31.188 son de Pfizer, 5.600 de Moderna e 100 de Janssen.

Artigos relacionados

Back to top button