SanidadeÚltima hora

Galicia manterá o horario de restrición de mobilidade nocturna de 23h. a 6h.

A decisión tomábase na reunión de onte do comité clínico de expertos e comunicábaa esta mañá o conselleiro de Sanidade

O conselleiro de Sanidade, Julio García, nunha comparecencia.

 

Finalmente, Galicia manterá o horario da restrición de mobilidade nocturna entre as 23h. e as 6h., tal e como se establece no “Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2″.

Así se decidía na reunión que o comité clínico de expertos de seguimento do Covid celebraba onte, luns. Anunciábao esta mañá en rolda de prensa, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña. “Foi unha xuntanza longa e complexa, porque complexa é a situación. Valorouse modificar ese horario, pero de momento non imos facer esa variación, aínda que tampoucon descartamos en cada momento adaptala á natureza de cada poboación ou ás circunstancias especiais dentro dunha área concreta”, dicía o conselleiro.

Ademais insistía en que “hai que tomarse con moita reponsabilidade as restricións impostas e as medidas tomadas. O virus segue moi activo, debemos protexernos e protexer á nosa xente”, dicía García Comesaña.

Artigos relacionados

Back to top button