OurenseÚltima hora

Galicia prorrogará todo o mes de xaneiro o peche perimetral co norte de Portugal

Fronteira con Portugal pasando A Mezquita, na provincia de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre as medidas que daba a coñecer esta tarde o Subcomité Clínico de expertos que seguen a evolución da pandemia co Covid-19 en Galicia está a de prorrogar ata final de xaneiro o peche perimetral da comunidade, sobre todo, coa fronteira do norte de Portugal, que rexistra “uns niveis de incidencia acumulada francamente altos”, tal e como indicaba o conselleiro de Sanidade, Julio García, durante a rolda de prensa celebrada esta tarde.

“Ese peche perimetral de Galicia, que se estendera inicialmente ata o vindeiro día 11 de xaneiro, vai continuar durante todo o mes de xaneiro para poder resolver dun xeito máis satisfactorio todos os aspectos relacionados coa mobilidade cos concellos do norte de Portugal, especialmente na zona de Chaves, concretamente na comarca de Verín, e tamén na área sanitaria de Vigo no relativo á zona de Tui e demais concellos limítrofes”.

Artigos relacionados

Back to top button