DeportesÚltima hora

Galicia recuperará esta semana a práctica deportiva autonómica federada

Tamén se permitirá a reapertura das instalacións deportivas para a práctica individual

Pistas atletismo de Calabagueiros no Barco./ Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Máis de tres semanas despois da paralización da competición autonómica, a partir deste mércores 17 de febreiro “recuperarase a actividade deportiva federada”. É unha das medidas tomadas polo comité clínico de expertos reunido na mañá deste luns día 15.

O encargado de tranmitir a nova era o presidente da Xunta, Alberto Núñez, que comparecía en rolda de prensa, asegurando que a evolución da pandemia trala aplicación das restricións era favorable pero aínda non óptima, polo que “é necesario manter o nivel máximo de restricións” co conseguinte peche perimetral e da hostalaría pero con varias aperturas graduais en relación á formación, ao comercio, á actividade cultural ou ao deporte.

Con respecto á práctica deportiva ao aire libre, permitirase a reapertura das instalacións deportivas para a práctica individual.

 

Artigos relacionados

Back to top button