EconomíaÚltima hora

Galicia, referente do turismo termal

Termatalia pecha as portas da 14ª edición celebrada en Arxentina
Clausura da 14ª edición de Termatalia en Arxentina.
Clausura da 14ª edición de Termatalia en Arxentina.
A directora xeral de Turismo, Nava Castro.
A directora xeral de Turismo, Nava Castro.

O Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo, a bolsa de contratación, as misións comerciais, as rutas termais, a cata internacional de augas, o encontro de cidades termais, os 217 stands procedentes de 27 países, os relatores, os paneis, as actividades nos postos (realización de masaxes,…), o bar de augas ou os centros termais. Estas son algunhas das actividades que se levaron a cabo na 14ª Termatalia, un edición que se celebraba en Arxentina e que pechaba as portas o sábado 4 de outubro como “un auténtico referente internacional de turismo de saúde”.

Con esta edición, que se desenvolveu na cidade de Termas de Río Hondo, Termatalia constatouse como a feira de turismo termal máis importante a un lado e a outro do Océano Atlántico e funcionou, un ano máis, como ponte termal entre Europa e América Latina.

O acto de clausura oficial, que tivo lugar no Autódromo da cidade anfitriona da feira, contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, quen explicou que “neste recinto foi posible coñecer a oferta termal de diferentes destinos situados arredor do mundo. Unha gran mostra das virtudes que encerra a nosa terra e da que o ser humano foi capaz de extraer o mellor dos seus proveitos”. Así mesmo, destacou que a utilización dos mananciais ben para o envasado de auga ben para os balnearios continua sendo unha industria cun gran potencial sempre e cando se realice dun xeito sostible e controlada.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button