SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra 1.374 casos de coronavirus, dos que 152 están na área de Ourense

Polo de agora, na comunidade galega rexistráronse 19 altas de pacientes e 22 falecementos, segundo Sanidade

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Segundo a última actualización feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.374, deles 359 son da área da Coruña, 97 da de Lugo, 152 da de Ourense (polo de agora non se facilitaron datos por hospitais), 179 da de Pontevedra, 312 da área de Vigo, 239 da de Santiago, e 36 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 54 permanecen en UCI, 337 están en unidades de hospitalización e 983 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 19 altas de pacientes e 22 falecementos. Os últimos falecidos eran un varón de 83 anos, que estaba ingresado no Hospital da Mariña, e que tiña patoloxías previas; e outro varón, de 61 anos, que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e tamén tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 6.741.

Artigos relacionados

Back to top button