SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra 135 positivos de coronavirus, deles 15 na área de Ourense, e o primeiro falecido en Vigo

Imaxe da rolda de prensa do conselleiro de Sanidade.

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar esta mañá de 14 de marzo o falecemento dunha muller de 92 anos, con múltiple patoloxía, que se atopaba ingresada no Hospital Povisa de Vigo, e que dera positivo na proba de coronavirus. Tratábase dun caso importado. Así o confirmaba o conselleiro de Sanidade, na rolda de prensa que ofrecía a partires das 11:30h. deste sábado, na que estaba acompañado por Antonio Fernández Campa, xefe do Sergas, e Teresa Queiro, xefa de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Santiago.

Nesta comparencia tamén actualizaban os datos en canto a positivos en Galicia. Así ás 11:30h. Galicia rexistraba 135 pacientes activos en diferentes situacións. Deles, 7 pacientes están en UCI e 27 en unidades de hospitalización. Así o 75% dos positivos, un total de 101, están en atención domiciliaria, segundo detallaba Fernández Campa.

Por áreas sanitarias, Ourense ten 15 casos, Lugo 7, 55 A Coruña, 5 Ferrol, 17 Santiago, 13 Pontevedra e 23 Vigo. “A situación de Galicia segue sendo mellor que a do resto do Estado, pero seguen evolucionando os casos”, sinalaba o conselleiro.

“Estamos nunha fase fundamental que é o illamento social, hai que tratar evitar en zonas con moita xente. Isto vai determinar no futuro como se vai comportar a epidemia. Por iso facemos un chamamento á poboación, tanto á que vén a Galicia como á galega, a respectar ese illamento social. Cumprir iso vai facer que a epidemia sexa máis suave”, sinalaba o conselleiro.

Artigos relacionados

Back to top button