SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra 28 novos falecementos de persoas diagnosticadas por Covid, 3 delas na provincia

Entrada do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de comunicar nesta tarde o falecemento nos últimos días de 28 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, tres delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 92 anos (que procedía da residencia Virxe da Clamadoira de Muíños) que falecía o 14 de febreiro no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, así como dun home de 91 anos (procedente da residencia Virxe da Clamadoira de Muíños) e dunha muller de 78 anos tamén ingresados neste centro hospitalario, que falecían o 15 de febreiro.

Ademais o 12 de febreiro perdían a vida unha muller de 72 anos (procedente da residencia Mi Casa de Ferrol) e unha muller de 86 anos no CHUF, ademais dunha muller de 92 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria.

O día 13 de febreiro falecían unha muller de 90 anos (procedente da residencia O Casón de Moeche) e un home de 85 anos no CHUF, unha muller de 89 anos no CHUVI, unha muller de 85 anos en Povisa, unha muller de 85 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria e un home 91 no CHUS.

Así memo o 14 de febreiro falecían unha muller de 51 anos, un home de 88 anos e unha muller de 85 anos no CHUF, un home de 88 anos no CHUVI; un home de 88 anos, unha muller de 94 anos e unha muller de 72 anos no CHUAC; unha muller de 94 anos na residencia Nosa Sra. do Carme de Sarria, unha muller de 87 anos no HM Modelo Belén da Coruña e un home de 92 anos no CHUS.

Ademais, neste 15 de febreiro perdían a vida unha muller de 89 anos (procedente da residencia Domusvi Laraxe de Cabanas) e unha muller de 95 anos no CHUF, un home de 58 anos no CHUVI, unha muller de 98 anos na residencia Domusvi de Carballo e un home 81 anos no HULA.

A Consellería de Sanidade tamén informaba dun falecemento do pasado 28 de novembro. “Corresponde a unha muller de 84 anos que vivía na residencia Vila do Conde de Gondomar e que vén de ser comunicado pola residencia”.

Deste xeito nesta xornada notificábanse un total de 28 falecidos, todos eles con patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button