SanidadeÚltima hora

Galicia rexistra outros cinco falecidos por coronavirus, un deles na área de Ourense

O Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas falecían en Galicia cinco persoas infectadas por coronavirus, segundo informa a Consellería de Sanidade. Un deles é un varón de 58 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO),

Falecían tamén tres varóns de 75, 83 e 85 anos que estaban ingresados no CHUS e unha muller de 91 anos ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). “Todos tiñan patoloxías previas”, asegura Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button