En portadaSanidadeÚltima hora

Galicia supera os 2.000 positivos de coronavirus e na área de Ourense os casos son xa 302

A comunidade rexistra un total de 2.211 casos, dos que 1.557 están a seguemento en domicilio

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Mantense a tendencia ascendente nos positivos de coronavirus en Galicia. Segundo a última actualización de datos feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos de na comunidade ascende a 2.211, deles 552 son da área sanitaria da Coruña, 140 da de Lugo, 302 da de Ourense (por agora non se facilitaron os datos por hospitais), 260 da de Pontevedra, 509 da área de Vigo, 388 da de Santiago, e 60 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 98 permanecen en UCI, 556 están en unidades de hospitalización e 1.557 no domicilio, segundo Sanidade. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 67 altas de pacientes e 44 falecementos. O último falecemento corresponde a un varón de 90 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 10.520.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close