SanidadeÚltima hora

Galicia ten 2.627 positivos por coronavirus, deles 371 están na área sanitaria ourensá

No caso da provincia de Ourense hai 67 casos máis que os rexistrados onte

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

Os casos de coronavirus en Galicia ascenden a 2.627, segundo a última actualización feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Dese total, 597 son da área da Coruña, 219 da de Lugo, 371 da de Ourense, 290 da de Pontevedra, 633 da área de Vigo, 454 da de Santiago, e 63 da de Ferrol.

Do conxunto de pacientes positivos, 110 permanecen en UCI, 652 están en unidades de hospitalización e 1.865 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 95 altas de pacientes e 50 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 12.885.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close