SanidadeÚltima hora

Galicia ten 4.926 casos activos de coronavirus, 875 na provincia de Ourense

A área sanitaria ourensá rexistra 181 positivos máis que na xornada de onte

Entrada ao Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A comunidade galega rexistra 4.926 casos activos de coronavirus, segundo a última actualización feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Dese total, 1.029 son da área da Coruña, 558 da de Lugo, 875 da área de Ourense (son 181 casos máis que onte), 432 da de Pontevedra, 1.055 da área de Vigo, 694 da de Santiago, e 283 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 177 permanecen en UCI, 891 están en unidades de hospitalización e 3.858 no domicilio.

En total Galicia ten rexistrado 5.625 casos ata o momento, tendo en conta as 531 altas de pacientes e 168 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 25.842.

Estes datos da Consellería de Sanidade non inclúen dende o 1 de abril as cifras dos residentes de centros de maiores

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close