SanidadeÚltima hora

Galicia ten 5.460 casos activos de coronavirus, dos cales 1.001 están na provincia de Ourense

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A comunidade galega rexistra 5.460 casos activos de coronavirus, segundo a última actualización feita pública pola Consellería de Sanidade.

Do total de positivos por COVID-19 existentes en Galicia, 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense (polo de agora non se falicitaron datos desglosados na provincia) , 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol.
E dese conxunto de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos, o que xunto cos positivos activos, supón un total de 6.538 casos.

O número de PCR realizadas é de 34.423.

Datos dos centros residenciais

Ademais a Xunta informa que a partir de hoxe Sanidade volve facilitar os datos das residencias da terceira idade, dos que ata o de agora informaba a Consellería de Política Social e que ían por separado.

Nos centros residenciais son  781 os positivos en usuarios e  334 en profesionais, se ben polo e agora Sanidade non concreta as cifras por centros. Segundo a última actualización, hai  57 falecementos (en residencias) e 51 (en hospitais e residencias integradas)

“O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,2% do total das persoas residentes”, segundo Sanidade.

Ademais matízase que respecto “das 8 persoas falecidas onte en centros residenciais, 5 foron na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago), 1 na residencia de Bande (Bande, Ourense) e 2 na residencia Nuestra Señora de la Esperanza (Ourense) e 2 na residencia DomusVi Cangas. Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros”.

Artigos relacionados

Back to top button