EducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Galiñas azuis, na rúa da Estación da Rúa

Das árbores da rúa da Estación, no concello da Rúa, tamén penduran nestes días galiñas azuis e algunha que outra laranxa. A iniciativa forma parte da campaña “Na procura de Carlos Casares”, promovida con motivo das Letras Galegas por centros educativos públicos de Valdeorras en colaboración co Barco Centro Comercial Aberto (CCA).

As galiñas e as laranxas da Rúa teñen sido elaboradas polos alumnos do colexio Manuel Respino e do CEIP do Bolo. É a primeira vez que estes centros se suman á campaña.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos:
https://osil.info/galinas-azuis-e-enormes-laranxas-toman-arbores-malecon-barco/

Artigos relacionados

Back to top button