OurenseÚltima hora

Galisenior 2018 ofrece máis de 50 actividades para promover un envellecemento activo, autónomo e saudable, en Expourense

O Salón Internacional das Persoas Maiores celébrase os días 9 e 10 de maio en Expourense

Presentar as investigacións, produtos e servizos dispoñibles en Galicia para impulsar un envellecemento activo, autónomo e saudable é o principal obxectivo da 11ª edición de Galisenior, Salón Internacional das Persoas Maiores, que se celebra en Expourense os días 9 e 10 de maio. Trátase dunha feira especialmente dirixida a un núcleo de poboación que representa o 25% da demografia galega (e que nalgúns concellos da provincia de Ourense pode elevarse ata o 40 ou o 50%), ás súas familias e aos profesionais que traballan neste sector. Galisenior reúne ademais a todos os axentes sociais galegos, públicos e privados, involucrados na atención ás persoas maiores como son as distintas Administracións, diferentes empresas do sector, a Universidade, colexios profesionais e numerosas asociacións e federacións de toda Galicia.

Galisenior 2018 xirará sobre tres eixos: as xornadas técnicas dirixidas aos profesionais, ás actividades dirixidas ás persoas maiores e a área expositiva onde participarán entidades e empresas para presentar produtos e servizos especializados contando coa participación de 45 expositores. O programa de actividades pode consultarse a través da web do evento www.galisenior.es. A asistencia e participación nas actividades é gratuíta.

A inauguración terá lugara mañá, mércores 9 de maio ás 12h. coa intervención, entre outros, da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Xunta de Galicia, Fabiola García.

Artigos relacionados

Back to top button