PolíticaÚltima hora

Galiza Nova colga a bandeira nacionalista da Ponte Romana de Ourense con motivo do Día de Galicia

Chaman á participación da mocidade ourensá nas mobilizacións do 25 de xullo

Galiza Nova, a organización xuvenil do BNG, colgou a bandeira nacionalista da Ponte Romana de Ourense nun acto reivindicativo con motivo do Día de Galicia. Esta actividade está enmarcada  dentro dos actos celebrados na “Semana da Patria” e dende a organización chaman á participación da mocidade ourensá nas mobilizacións.

 

A bandeira sobre a ponte.

 

A escaseza de bolsas para estudar ou a emigración forzada ao rematar os estudos foron algúns dos factores que citou a responsábel comarcal, Stella González. “Queremos vivir nunha Galiza con traballo e posibilidades. Non queremos emigrar” proclamou.

Artigos relacionados

Back to top button