EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Gallaecia distingue a 105 viños galegos

No caso das denominaciós de orixe ourensás, Ribeira Sacra lograba 22 distincións, Valdeorras e Ribeiro 20 e Monterrei 11
Panel da Cata final das Distincións Gallaecia 2014./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia
Panel da Cata final das Distincións Gallaecia 2014./ Foto: Asociación de Sumilleres Gallaecia

Logo dun peregrinar polas diferentes denominacións de orixe galegas facendo unha preselección dos seus mellores viños, a Asociación de Sumilleres Gallaecia completaba o proceso para outorgar as súas distincións cunha cata finals celebrada os días 1 e 2 de setembro na Casa Grande de Fuentemayor de Silleda (Pontevedra). Así, do total de 564 viños valorados neste ano, 176 chegaron á final e, deles, 102 veñen de resultar premiados: 71 brancos e 34 tintos.

Por denominacións, a que máis recoñecementos colleita é Rías Baixas con 32, seguida pola Ribeira Sacra con 22, Valdeorras e Ribeiro con 20 e, finalmente, Monterrei con 11.

Nesta edición o certame, que leva 16 anos celebrándose e que conta co recoñecemento do Ministerio de Agriculta, “bate todos os récords de participación de mostras nun concurso de ámbito autonómico”, segundo destacan dende a súa organización.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button