OurenseÚltima hora

Galletas solidarias para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, en Ourense

A asociación Por Eles T.E.A. Ourense e o CCA Ourense Centro colaboran nunha campaña que se desenvolverá nos primeiros días do mes de abril

Eva Guzmán, presidenta da asociación Por Eles TEA Ourense”, Ángela Martínez, gerente de Meraki e Luis Rivera, presidente do CCA Ourense Centro.

 

Por iniciativa das familias de persoas con Trastorno do Espectro Autista (T.E.A.) nacía no ano 2018 a asociación sen ánimo de lucro Por Eles T.E.A. Ourense, co fin de proporcionarlle aos seus fillos e fillas, os servizos que precisan para o seu desenvolvemento así como cubrir as necesidades que lles van xurdindo día a día.

Este venres 2 de abril celébrase o Día Internacional do Autismo, e coincidindo co terceiro aniversario da asociación, Por Eles T.E.A. levará a cabo unha campaña de sensibilización e visibilización desta enfermidade nos primeiros días do mes, “para conmemorar este día tan importante e, á vez, recaudar fondos para a asociación a fin de axudar a subvencionar as súas actividades”, explican dende o colectivo.

 

Lote de galletas solidarias.

 

Ademáis da difusión na redes sociais de diferentes vídeos e publicacións relacionadas coa asociación e os seus usuarios e usuarias, os establecementos de comerciantes e hostaleiros da cidade de Ourense asociados ao Centro Comercial Aberto (CCA), así como outros negocios dos arredores á cidade, colaboran na campaña tendo á venda nos seus establecementos durantes este días de Semana Santa, galletas solidarias feitas por MERAKI.

Establecementos colaboradores na campaña:

 

Artigos relacionados

Back to top button