EconomíaEconomíaÚltima horaViticulturaXIX Feira do Viño de Valdeorras

A ganadora do concurso do cartaz da Feira do Viño de Valdeorras recibe o seu premio

Entregáballo o presidente do CRDO Valdeorras na mañá do 6 de xuño no CEIP de Vilamartín

No salón de actos do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, e rodeada polos seus compañeiros, Uxía Conde Delgado recibía o seu premio como ganadora do concurso de cartaces convocado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras con motivo da XIX Feira do Viño. Entregáballo o presidente deste órgano rector, Francisco García, quen estivo tamén acompañado no acto pola secretaria desta entidade.

Antes da entrega, os representantes do CRDO Valdeorras agradecían aos alumnos a súa participación neste concurso e destacaban que o centro vilamartinés foi o que contaba cun meirande número de traballos presentados. Asemade o presidente animábaos a seguir participando así en futuras convocatorias.

Pola súa banda, a ganadora do traballo, natural de Córgomo e de 11 anos, explicaba o significado do debuxo co que ganaba o concurso e que tiña como protagonista unha botella de godello.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button