Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Gañadores do V Premio Estatuto de Autonomía para Galicia visitan o Parlamento

O concurso foi convocado pola Deputación de Ourense

Os gañadores das modalidade de redacción do V Premio Estatuto de Autonomía para Galicia, convocado pola Deputación de Ourense, visitaron na tarde do 11 de maio o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.

Durante o encontro, o presidente do Parlamento explicou as competencias e funcionamento da institución e respondeu ás preguntas formuladas polos estudantes, que tamén tiveron ocasión de participar nunha visita guiada ao Pazo do Hórreo.

Os gañadores na modalidade de redacción deste concurso reciben como galardón un diploma, un lote de libros e unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia e realizar outras actividades culturais. Participaron na visita ao Parlamento de Galicia alumnos do Colexio Divina Pastora Franciscanas, do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, do Colexio Carmelitas-Vedruna, do Colexio Padre Feijóo-Zorelle e de Ganeda.

Artigos relacionados

Back to top button